Starch wars : A farina de mandioca e o polvilho, uma «global commodity chain» abortada? 

21/11/2022

O xoves 24 de novembro o CISPAC recibe a visita de Laurent Herment, profesor do CNRS-CRH de París, na conferencia “Starch wars : A farina de mandioca e o polvilho, uma «global commodity chain» abortada?”, organizada dentro do Ciclo de Seminarios 2022 – 2023 do Grupo de Investigación en Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA).  

Os Seminarios de Histagra, constitúen un punto de encontro para o debate colectivo entre estudantes, investigadores/as, especialistas e todas aqueles interesados na historia agraria.

Máis información sobre Laurent Herment en: 

http://crh.ehess.fr/index.php?3086 

Facebook
Twitter