SITOPÍAS 04

17/12/2023

O luns 18 de decembro terá lugar no CISPAC unha nova xornada de presentación de proxectos 08 e do grao de paisaxe da ETSAC, UDC, por parte do alumnado e do profesorado da materia. A continuación desenvolverase un debate con actores dos sistemas alimentarios de proximidade de Compostela, actores institucionais e investigadores das universidades galegas e españolas. Entre eles: Carolyn Steel (arquitecta); Goretti Sanmartín Rei (alcaldesa de Santiago de Compostela); Iago Lestegás Tizón (concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade histórica no Pazo de Raxoi); Enrique Seoane Prado (profesor da ETSAC e Xefe do Servizo de Planeamento do Concello de Santiago de Compostela); Ángeles Santos Vázquez (profesora ETSAC/SICOR-ETSAC/UDC); Leonor Lorenzo Abalo e Rocío García Carregal (Slow Food Compostela); Manuel Rodríguez López (Fundación RÍA); Fran Quiroga (investigador transdisciplinar); Lourenzo Fernández Prieto (HISTAGRA-USC/CISPAC); e Ruth Varela (Paisaje Arquitectura y Ciudad, ETSAC-UDC/ Asociación cultural Flor de Santiago).

Sitopías é un ciclo de debates que, desde a arquitectura, ten como obxectivo abordar a importancia dos sistemas alimentarios de proximidade para a saúde tanto do territorio como da especia humana. Está impulsado pola Asociación cultural Flor de Santiago (quen financia o proxecto grazas á convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro da Deputación da Coruña) e por profesorado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición (DPAUC) da ETSAC.

Facebook
Twitter