Sesión sobre a Orde de centros (10/11)

15/11/2023

O pasado venres 10 de novembro realizouse unha xuntanza de traballo por parte dos investigadores e investigadoras vinculadas ao CISPAC sobre a convocatoria da Orde de centro da Xunta de Galicia. Esta xornada estivo centrada en direccionar diferentes posturas e ideas para a mellora do posicionamento estratéxico do centro.

Trazouse unha folla de ruta para que o CISPAC ocupe un rol importante no contexto europeo, con especial atención na investigación e na transferencia en torno á resiliencia das paisaxes cara a unha transición ambiental.

Facebook
Twitter