Seminario: Workers in the green transition

30/04/2026

O CISPAC acollerá o seminario “Workers in the green transition”, unha actividade que abordará o papel do traballo e das dinámicas laborais nos procesos de transición ecolóxica, con especial atención ás dimensións sociais e políticas da chamada economía verde.

A sesión estará moderada por Stefania Barca e contará coa intervención de Ville Kellokumpu, investigador postdoutoral en estadía no CISPAC procedente da Universidade de Oulu (Finlandia). A súa ponencia, titulada “Labour environmentalism in the Finnish pulp and paper industry”, analizará o papel do movemento obreiro no sector forestal finlandés e a súa relación co ambientalismo, desde unha perspectiva de economía política e xeografía humana.

O seminario contará tamén coa participación de Rocío Hiraldo, investigadora posdoutoral Marie Curie no Departamento de Socioloxía e Xeografía Humana da Universidade de Oslo. A súa intervención, “Migrant labour regimes and the development of the wind energy manufacturing sector in Galicia”, centrarse na análise dos réximes de traballo migrante e no papel das persoas traballadoras nas mobilizacións laborais vinculadas á descarbonización e ao desenvolvemento da industria eólica en Galicia.

O seminario comezará ás 12.00 horas e terá lugar no seminario 103 do CISPAC. A información será actualizada proximamente cos detalles completos das intervencións.

Facebook
Twitter