Seminario Internacional de Cooperación en colaboración coa Universidade Federal do Pará (Brasil)

20/09/2022

Unha delegación da  Universidade Federal do Pará (UFPA) viaxará á Península Ibérica na última semana de setembro para pór en marcha accións de cooperación entre Centros de Investigación e Transferencia portugueses e galegos e a propia Universidade Brasileira.

A Universidade do Porto, será a primeira entidade europea que fai parte desta expedición brasileira. Na cidade portuguesa do Douro, os eventos van xirar arredor da gobernanza das paisaxes rurais confirmadas por pequenas unidades de produción familiar en contextos globalizados. Os investigadadores e investigadoras  do Pará e os colegas portugueses debaterán arredor deste tema, tentando focalizar nas estratexias de superación dos desafíos e amezas que enfrontan ese tipo de produtores en contextos territoriais tan diferentes como os da Europa e da América do Sur.

O 30 de setembro, no seminario 103 do Edificio Fontán, Sede do CISPAC, celebrarase o Seminario de Cooperación entre a Universidade do Pará e o CISPAC. O Prof. Dr. Armando Lirio de Souza, do Instituto de Ciências Sociais Aplicadas  da Universidade Federal do Pará presentará o traballo “Experiências de Circuitos Curtos de Comercialização na Amazônia Brasileira: Avanços dos Sistemas Participativos de Garantia”. Pola súa parte, Riziane Duarte Portal Alves, Doutoranda do Programa de Pós-Graduação em Gestão de Recursos Naturais e Desenvolvimento Local na Amazônia, do Núcleo de Meio Ambiente da mesma Universidade da Amazonía fará un percorrido polos “Desafios para aquisição e fornecimento da agricultura familiar para alimentação escolar na Região Metropolitana de Belém, Pará”.

A oportunidade de establecer lazos institucionais e científicos coa Universidade Federal do Pará no ámbito das paisaxes que son gobernadas e as paisaxes con persoas que producen alimentos sustentables aliña perfectamente coa misión do CISPAC. A actividade está coordinada polo profesor Xavier Simón, Doutor en Economía Ecolóxica pola Universidade de Vigo e Secretario do CISPAC:

A asistencia é libre e gratuíta. Comezará ás 11 horas.

Facebook
Twitter