Seminario grupo Gaiás e Ciclo de Teses en Discusión (28/11)

29/11/2023

Onte, no Lar do CISPAC, celebráronse o seminario do grupo Gaiás (nodo de Ecoloxía Política) e a sexta edición do Ciclo Teses en Discusión. Nesta dobre sesión Santiago Cantor presentou o seu proxecto de investigación ‘The Role of Networks in State-Commons Interactions in Rianxo’; e seguidamente a investigadora Valentina Acquafredda o seu traballo que leva por título “The farmers, the state and the climate change in Ethiopia”.

Ambos tiveron a oportunidade de intercambiar enfoques e reflexionar sobre a perspectiva dos seus proxectos con investigadores e investigadoras do CISPAC. A continuación deixamos unha escolma fotográfica de ambas intervencións.

Facebook
Twitter