O mércores 9 de xullo ás 12:00 horas terá lugar no Seminario 103 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura) unha nova sesión do ciclo de seminarios de investigación do CISPAC. Nesta ocasión contaremos coa participación de Vikkram Singh, investigador da Toronto Metropolitan University (Canadá), quen impartirá a conferencia titulada Geopolitical risk 101: impact on rural areas.
Vik Singh é profesor asociado no programa de Global Management Studies da Ted Rogers School of Management (Toronto Metropolitan University). A súa investigación explora a influencia da cultura nas conexións globais, os desafíos que afrontan os países na xestión do risco xeopolítico e a relación entre etnicidade, comportamento de compra de vivenda e sustentabilidade empresarial.
A entrada é libre ata completar aforo.