Seminario de investigación: Omar Arellano Aguilar

06/05/2025

O martes 20 de maio ás 11:00 horas celebrarase unha nova sesión do ciclo de seminarios científicos organizados polo CISPAC. Nesta ocasión, contaremos coa participación de Omar Arellano Aguilar, profesor titular da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) que vén de realizar unha estadía no noso centro.

O relator presentará o seu traballo “Restauración ecosistémica de los ríos en la península Ibérica: bitácora de investigación”, unha aproximación aos procesos de restauración ecolóxica en ríos da península desde unha perspectiva interdisciplinar a modo de informe de peche da súa estadía.

A actividade terá lugar no Lar do CISPAC, situado no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, e está aberta a todas as persoas interesadas.

Facebook
Twitter