Seminario: Astrid Artner-Nehls

18/03/2024

O vindeiro 4 de abril a investigadora Astrid Artner-Nehls impartirá o seminario titulado “Representations of livestock slurry in German newspapers 1971–2020:a text mining approach”.

Astrid desenvolve a súa tese no grupo de investigación BioKum -Cumulative effects of bio-economic strategies for a more sustainable agriculture no Leibniz Centre for Agricultural Landcape Research- ZALF), en Alemaña. A investigadora en formación predoutoral leva dende o mes de febreiro de estadía na Área de Historia e Institucións Económicas do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

O seu foco de investigación céntrase no análise do desenvolvemento participativo de principios de agricultura e silvicultura sostibles; desenvolvemento de escenarios para paisaxes culturais; análise de preferencias, conflitos e aceptación do deseño da paisaxe e actores políticos, discursos e aceptación das innovacións agrícolas.

O evento terá lugar no Seminario 103 do Edificio Fontán, no CISPAC, ás 12h.

Facebook
Twitter