Seminar Day: Pasado e presente das violencias de xénero institucionais

04/03/2026

No marco da conmemoración do Día da Muller, o CISPAC promove un espazo de reflexión crítica arredor das violencias de xénero exercidas desde as institucións, tanto en perspectiva histórica como contemporánea. A actividade terá lugar o 13 de marzo na sede do centro e reunirá especialistas en historia e ciencias sociais para analizar as dimensións estruturais e institucionais destas violencias.

A xornada contará coa intervención de Tamara López Fernández, investigadora de HISTAGRA (USC), que presentará o relatorio Corpos baixo sospeita: xénero e revitimización na xustiza ordinaria franquista, no que abordará os mecanismos de control, sospeita e penalización exercidos sobre as mulleres durante a ditadura franquista desde o ámbito xudicial.

Intervirá tamén Iria Vázquez Silva, do grupo GETS (UVigo), coa ponencia Cómplices: a violencia machista institucional, centrada na análise das dinámicas de complicidade e reprodución das violencias machistas no seo das estruturas institucionais contemporáneas.

A sesión estará moderada por Laura Oso Casas, investigadora do ESOMI (UDC) e directora adxunta do CISPAC.

Facebook
Twitter