Resolución definitiva da primeira convocatoria do Programa Xan de Forcados, de incentivos a persoal investigador mozo do CISPAC
O día 19/07/2023 publicouse na páxina web do CISPAC o documento definitivo da I Convocatoria do Programa Xan de Forcados (Xoán López Suárez) de incentivos a persoal investigador mozo do CISPAC, financiado con cargo a partida orzamentaria do Programa de Apoio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a centros e institutos en proceso de rexistro e acreditación autonómica, correspondente ao ano 2023.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes o día 20/08/2023 e tralo proceso de avaliación realizado pola Comisión de Selección e en vista do seu informe, a Dirección do Centro acorda publicar a resolución definitiva do programa na páxina web do CISPAC, así como de informar por correo electrónico ao persoal investigador beneficiario, así como os proxectos que resultasen denegados