Escollidos os tres proxectos de investigación posdoutoral para membros do CISPAC que obterán financiamento no marco do Programa Xan de Forcados 2024:
1. RUPESTR3D: Modelado 3D e análises de imaxe dixital para o rexistro e documentación da Arte Rupestre do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro (Pontevedra)
Investigadoras: Alexis Maldonado e Alia Vázquez.
Obxectivos:
– OBX.1. Xeolocalizar os paneis gravados con XPS, para a súa inclusión nun SIX.
– OBX. 2. Documentar con tecnoloxía 3D (fotogrametría de obxecto próximo e fotogrametría con dron) todos os paneis gravados do recinto.
– OBX. 3. Analizar con técnicas de imaxe dixital os modelos 3D, para obter realces microtopográficos que permitan observar mellor os motivos gravados.
– OBX. 4. Producir calcos dixitais dos paneis gravados.
– OBX. 5. Creación dun Sistema de Información Xeográfica que permita a consulta e descarga da información espacial, dos calcos dixitais e os modelos 3D, a través dun visor web.
– OBX. 6. Creación dun catálogo actualizado dos petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
2. “Romanas y Vikingas: El Estudio de la Mujer en Dos Sociedades Históricas”
Investigadoras: Helena López Gómez, Irene García Losquiño e Iria Souto Castro
Obxectivos:
Para avanzar no estudo da muller tanto en términos temáticos como metodolóxicos, solicitamos financiación para un proxecto de investigación que cristalizará en forma de taller internacional. Este evento reunirá a expertas en Historia Romana e Estudios Vikingos para intercambiar enfoques metodolóxicos, intereses temáticos e discutir o uso de fontes primarias, tanto escritas como materiais, no estudo da muller. Cremos que a unión de investigadoras de dúas cronoloxías distintas e de dous sociedades completamente distintas con só unha parcial coincidencia en área xeográfica é de especial interese: afastarse da tradición disciplinaria e atopar como outras disciplinas se achegan ao estudo da muller pode ter maior impacto na investigación individual (e, co tempo, no campo de estudo) que os encontros monodisciplinares.
3. Sitopías 06. Plural de “sitopía” (do grego sitos, comida + topos, lugar), facendo referencia a que Galicia é un País de lugares; de unidades produtivas de alimentos.
Investigadoras: Ruth Varela, Luis Toledo
Obxectivos:
O proxecto Sitopías 06 propón avanzar en dúas liñas de traballo que, de xeito articulado, estean orientadas á recuperación dos Sistemas Alimentarios Agroecolóxicos de Proximidade de Compostela (SAAPC) e a súa bacia alimentaria. Unha das liñas estará centrada na necesidade de elaborar unha estratexia alimentaria para Compostela e a outra na necesidade de abordar os requirimentos espaciais e infraestruturais dos SAAP de Compostela.
Avanzar nestas dúas liñas vai permitir, ademais, dar unha mellor resposta, en forma de transferencia de coñecemento, á Mesa municipal de traballo sobre a Praza de Abastos de Compostela, posta en marcha recentemente polo Concello de Santiago, e na que participa o CISPAC, a través dos investigadores David Soto, Stefania Barca e Ruth Varela. Asemade, este proxecto permitirá o avance sobre o traballo xa realizado en Sitopías 01-05, dando un paso máis no obxectivo de axudar á administración local a planificar as necesidades espaciais do concello cunha perspectiva agroecolóxica, impulsando, entre outras medidas, reservas de solos fértiles, a estratexia e as infraestruturas verdes e unha rede de Centros Públicos Alimentarios de Proximidade.