A Cátedra Internacional José Saramago organiza este mércores 2 de abril a proxección do filme Embargo, dirixido por António Ferreira en 2010, unha adaptación cinematográfica do conto homónimo incluído en Objecto Quase, publicado en 1978 por José Saramago. O evento terá lugar ás 16:30 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. A entrada é libre e está aberta a toda a comunidade universitaria e ao público xeral.
Embargo conta a historia de Nuno, un home que traballa nun camión restaurante de bifanas e que inventou unha máquina que promete revolucionar a industria do calzado, un dixitalizador de pés. No medio dun embargo petrolífero e enfrontándose a dificultades inesperadas, Nuno obsesiónase coa venda da súa invención, descoidando aspectos fundamentais da súa vida. Cando queda misteriosamente atrapado no seu propio coche e perde a oportunidade de producir o seu invento, a súa vida vese embargada.
A proxección celebrarase o mércores 2 de abril ás 16:30 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. A entrada é libre.
Máis información na web da Cátedra Internacional José Saramago da UVigo.