O Grupo de Investigación HISTAGRA organiza, en colaboración co CISPAC, a proxección de “Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes”, un documental producido pola Asociación de Veciñas e Veciños de Santa Comba da Órrea. Contará coa participación de testemuñas participantes no documental.
“Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes” é un documental etnográfico que recolle un feito histórico, social, antropolóxico e cultural que en Galicia durou 300 anos (dende o S XVII ata os anos 60 do pasado século XX), narrado por 31 homes e mulleres que viviron en primeira persoa esa experiencia e que abandonaban temporalmente as súas terras para participar nas segas de Castela. Trátase dun emotivo relato colectivo que pon en valor a memoria dunha xeración marcada pola emigración estacional e o duro traballo no campo.
A proxección da peza audiovisual terá lugar no Seminario 103 do CISPAC ás 11h.