Proclamación provisional de candidatos e candidatas a membros do Comité Científico

11/12/2023

A Directora Adxunta Científica, ao abeiro do artigo 10.e do Regulamento de Réxime Interno (RRI) do CISPAC, aprobado definitivamente o 26 de setembro de 2023, procede a facer pública a seguinte Circular 04.2023:

Tal e como se anunciou na Convocatoria das eleccións ao Comité Científico do CISPAC, o prazo para a presentación das candidaturas individuais finalizaba o día 10 de decembro.

Pola presente, faise publica a relación provisional de candidatos e candidatas aos 6 censos nos que está dividido o persoal investigador do CISPAC. A relación está ordenada por orde de chegada da candidatura e faise constar así mesmo a Universidade á que pertence a persoa candidata:

Segundo a normativa que regula o procedemento, ábrese un prazo de 24 horas para posíbeis reclamacións.

E para que conste aos efectos oportunos, asino a presente ás 00.00 do día 11 de decembro.

Asdo. Lausa Oso Casas

Facebook
Twitter