Os máis de 100 membros do CISPAC están chamados ao proceso electoral de escolla dos 11 membros do Comité Científico do Centro.
As súas funcións son orientar as liñas mestras de desenvolvemento do plan científico do Centro, xogando un papel central no seu desenvolvemento. Outras funcións do Comité son:
- Propor a vinculación de novos membros no CISPAC, previo informe do Consello Asesor Científico Externo.
- Aprobar o programa científico anual do Centro.
- Propor, para o seu nomeamento polo Presidente/a do Consello Reitor , a composición do Consello de Transferencia e do Consello Asesor Científico Externo.
- Aprobar o nomeamento como investigadores/as colaboradores/as a petición razoada do persoal vinculado ao CISPAC.
- Así mesmo, proporá o nomeamento do director/a Científico/a ao Consello Reitor.
O proceso desenvólvese seguindo este calendario electoral:
- 4 de decembro: Convocatoria das eleccións, publicación dos censos provisionais e período de reclamacións.
- 5 de decembro: Resolución das reclamacións e publicación dos Censos Definitivos.
- Do día 6 ao día 10 de decembro: presentación de candidaturas individuais ao Comité Científico.
- 11 de decembro: Publicación provisional de candidatos/as e prazo para as reclamacións.
- 12 de decembro: proclamación definitiva de candidatos/as.
- 13 de decembro: Votación. Proclamación provisional de elixidos/as.
- 14 de decembro: Reclamacións á proclamación provisional de elixidos/as.
- 15 de decembro: Proclamación definitiva deas compoñentes do Comité Científico do CISPAC.