A Cátedra Internacional José Saramago organiza a presentación do libro “Beyond Sentidiño. New Diasporic Reflections on Galician Culture” (Routledge, 2023) na Universidade de Vigo.
O evento celebrarase o 23 de abril ás 12:00 na Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía e Tradución, con entrada libre. Ademais, pódese seguir en liña a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo clicando aquí (acceso estudantado: UAdqrn7W).
Na sesión participaran os editores Daniel Amarelo e Laura Lesta García (esta última de forma virtual), quen guiarán ao público a través dos 14 traballos que conforman esta obra interdisciplinar.
“Beyond Sentidiño” aborda a literatura, as linguas e a cultura galega dende diversas perspectivas das humanidades e as ciencias sociais. O volume introduce novos conceptos que ata o momento non formaban parte do imaxinario galego, como a xentrificación, o imperialismo lingüístico, o desemprego xuvenil, a desruralización e desindustrialización, o control mediático, o tecnocapitalismo e a normatividade de xénero e sexualidade.