Presentación de resultados da intervención arqueóloxica no Alto de San Cibrán

31/03/2025

O vindeiro sábado 5 de abril terá lugar a Presentación de resultados da intervención arqueóloxica no Alto de San Cibrán no Centro Cultural da Picoña, no Concello de Salceda de Caselas. Esta actividade forma parte do proxecto de investigación arqueolóxica ‘Castelos no aire’, que traballa sobre as fortificacións altomedievais galegas.

O acto, que dará comezo ás 19.30h, será presentado por Mario Pereiro Fernández, investigador contratado posdoutoral da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do CISPAC e responsábel do proxecto.

Facebook
Twitter