KosmoTech_1200 é un proxecto liderado polo investigador Francisco Prado-Vilar, Investigador Distinguido na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e do CISPAC, que combina tecnoloxía avanzada e investigación interdisciplinar para reconstruír dixitalmente o coro pétreo e o nártex occidental da catedral de Santiago de Compostela, obras mestras do Mestre Mateo. Este laboratorio multidisciplinar integra historia da arte, musicoloxía, fenomenoloxía e neurociencia cognitiva —especialmente a Material Engagement Theory— para analizar estas estruturas como contornas inmersivas deseñadas para xerar experiencias cognitivas multisensoriais. O obxectivo é recuperar a dimensión orixinal destes espazos como “máquinas” intelixentes que moldeaban a percepción e a espiritualidade das comunidades medievais, ofrecendo unha nova visión sobre o seu funcionamento simbólico e sensorial.
O proxecto vén de publicar a proposta de reconstrución estrutural do coro do Mestre Mateo. Podes acceder á súa canle de Youtube e ver estes recursos multimedia: