O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, proxecto de investigación e acción colaborativa no que participa o CISPAC xunto coa Fundación RIA, o grupo HISTAGRA e o UXAFORES (USC), entre outras entidades, chega á Casa RIA para dar a coñecer os resultados obtidos ao longo dos últimos anos. A través dunha exposición e dun ciclo de conversas e actividades abertas ao público, esta mostra busca compartir as aprendizaxes xeradas no territorio do Barbanza arredor de modelos de xestión comunitaria, aproveitamento sostible dos recursos e fortalecemento do tecido rural.
A nova programación impulsada desde Fundación RIA inclúe cinco conversas en Santiago e varias actividades en localidades nas que traballou o Laboratorio, que servirán para presentar casos prácticos, experiencias locais e perspectivas sobre a sustentabilidade rural. Ademais, a exposición titulada “Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Un laboratorio vivo para a xestión multifuncional e a custodia colectiva do território”, permanecerá aberta ata o 24 de xaneiro de 2026.




Conversas en Casa RIA (ás 18h, entrada libre):
- 6 NOV. Do monte á construción: madeira de proximidade para un futuro sostible
- 20 NOV. A comunidade como motor da transición enerxética
- 3 DEC. Gandería extensiva: biodiversidade e prevención de lumes
- 10 DEC. Fórmulas colectivas para a xestión do territorio
- 22 XAN. Formación e saber local: impulsando novas oportunidades para o rural
Actividades desde o Barbanza:
- 6 NOV. Xornada de transformación de madeira en Baroña, Porto do Son
- 20 NOV. Voluntariado ambiental en Leiro, Rianxo
- 8 e 29 NOV. e 13 DEC. Visitas a proxectos de referencia
Todas as actividades son gratuítas e contan con entrada libre ata completar aforo. Podes ampliar a información sobre contidos e participantes na web da Fundación RIA.