O CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) lanza unha chamada de apoio a candidaturas para a convocatoria MSCA Postdoctoral Fellowships 2025, cuxas datas estimadas de publicación e presentación serán abril e setembro de 2025, respectivamente. Inclúese a ligazón da proposta 2024 a modo de orientación.
O CISPAC é un centro interuniversitario de investigación, de nova xeración, en ciencias sociais e humanas que forma parte do Sistema Universitario de Galicia (SUG). Ten como misión investigar para proporcionar respostas espistémicas aos retos contemporáneos sobre o territorio, a través dunha confluencia científica transdisciplinar, imbricada co conxunto da cidadanía, para xerar coñecemento, innovación e cambio. No CISPAC aspiramos a investigar e promover solucións relacionadas coas transformacións socioeconómicas, culturais e ambientais que se reflictan na paisaxe, por medio da investigación, para xerar coñecemento, e da transferencia, para xerar acción. Procuramos saídas sustentables á crise ecolóxica.
As personas candidatas deberán elaborar unha proposta de investigación a realizar durante a fellowship no marco dun dos 5 campos de traballo recollidos na axenda científica do CISPAC, así como dos tres eixos estratéxicos.
Toda a información no documento adxunto.