O CISPAC inicia un ciclo formativo no seu laboratorio de computación, teledetección e modelado 3D

28/04/2026

O CISPAC iniciou un ciclo de actividades formativas orientadas a dar a coñecer as aplicacións do seu laboratorio de computación, teledetección e modelado 3D. Esta infraestrutura, recentemente incorporada ao centro, está concibida para apoiar investigacións que requiren tecnoloxías avanzadas de captura, análise e representación dixital do territorio e do patrimonio.

A primeira sesión formativa desenvolveuse o venres 24 de abril en horario de mañá na sede do CISPAC e estivo centrada no uso do láser escáner de longo alcance. A actividade combinou unha parte práctica de campo, cun escaneado realizado na Cidade da Cultura, e unha segunda sesión centrada no manexo do software e no procesado dos datos obtidos, permitindo ás persoas participantes coñecer o fluxo completo de traballo desta tecnoloxía.

O laboratorio integra ferramentas como escáner láser terrestre, sistemas de teledetección e recursos de procesado dixital que permiten xerar modelos tridimensionais de alta precisión. Este tipo de tecnoloxías ten aplicación directa en ámbitos como a documentación do patrimonio, a análise da paisaxe, a arqueoloxía ou a planificación territorial. Este equipamento foi adquirido grazas ao proxecto de Equipamento Científico-Técnico (EQC2024), dirixido por Miguel Carrero Pazos (USC-CISPAC), no marco do Plan Estatal de Investigación Científico-Técnica e de Innovación da Axencia Estatal de Investigación, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Si eres miembro de nuestro centro y quieres más información sobre esta formación, puedes ponerte en contacto a través de cispac.xestion@usc.es.

Facebook
Twitter