O CISPAC incorpórase á rede INCASI2, proxecto internacional de investigación e formación entre Europa e América Latina

25/09/2024

A rede INCASI2 (Horizon Europe, Marie Skłodowska-Curie Actions-MSCA), International Network for Comparative Analysis of Social Inequalities: A New Measure of Socioeconomic Inequalities for International Comparison, é un proxecto multidisciplinar adicado ao estudo das desigualdades sociais de forma comparada. Na actualidade forman parte 29 organizacións, entre as que se atopa o noso centro a través da Universidade de Coruña: 14 universidades europeas de 6 países (España, Italia, Francia, Países Baixos, Finlandia e Gran Bretaña); 11 universidades de América Latina e o Caribe (Argentina, Bolivia, Cuba, Chile, Uruguai, Brasil e México) e 4 organizacións non académicas (Latinobarómetro, CEPAL, INTAL e LAPOP).

Algúns dos seus principais obxectivos son:

  • Avanzar na comprensión do complexo fenómeno das desigualdades socioeconómicas, creando un novo marco analítico a nivel comparativo e interdisciplinario.
  • Construír unha medida multidimensional innovadora (DYSIC: Dynamics of Socioeconomic Inequality In Comparaison) para a análise comparativa das desigualdades entre Europa e América Latina e o Caribe.
  • Crear o INCASI Living Lab, un espazo adicado á transferencia e difusión da investigación mediante a organización de seminarios, diagnósticos e contribuíndo ao deseño de políticas públicas e á toma de decisións informadas.

Podes consultar máis información deste proxecto na súa web.

Facebook
Twitter