O CISPAC vén de incorporar doce novas investigadoras e investigadores ao seu equipo, procedentes da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña.
Entre as novas incorporacións atópase persoal investigador con ampla proxección no ámbito da historia medieval e moderna, da arqueoloxía e da historia da arte, con especial atención ao estudo das paisaxes históricas, do patrimonio cultural e das dinámicas sociais a longo prazo, así como perfís recoñecidos no campo da socioloxía, dos estudos de xénero e das migracións. O equipo complétase con especialistas en xeografía, biodiversidade e planificación territorial, así como en humanidades dixitais e cartografía histórica, ámbitos clave para o desenvolvemento das liñas de investigación que CISPAC vén impulsando nos últimos anos.
As novas incorporacións inclúen a Xosé Manoel Sánchez Sánchez, Simon Doubleday, Celtia Rodríguez González, María Dolores Barral Rivadulla, Marta Cendón Fernández, Leticia López Mondejar, Francisco Javier Garbayo Montabes, André Vicente Liz e Rubén Castro Redondo, procedentes da Universidade de Santiago de Compostela; a Iria Vázquez Silva e Beatriz Comendador Rey, da Universidade de Vigo; e a Ana Ballesteros Pena, da Universidade da Coruña.