O ESOMI e o CISPAC presentan a Elgar Encyclopedia on Global Migration: New Mobilites and Artivism

07/05/2025

O pasado luns 5 de maio celebrouse na cidade de A Coruña a primeira presentación da Elgar Encyclopedia on Global Migration: New Mobilities and Artivism, unha obra colectiva que ofrece unha ollada crítica e multidisciplinar sobre os procesos migratorios contemporáneos, o activismo e a produción cultural.

No acto participaron dúas das editoras da enciclopedia: Laura Oso, directora adxunta do CISPAC e Catedrática de Socioloxía da UDC, e Natalia Ribas-Mateos, investigadora do grupo TRANSMENA (UAB) e Mesopolhis (Aix-Marseille). Ademais, tivo lugar un panel no que se presentaron algunhas das entradas da enciclopedia elaboradas por investigadoras galegas vinculadas ao CISPAC: Keina Espiñeira, Raquel Martínez Buján, Paloma Moré e Antía Pérez-Caramés. Completou o panel Iria Vázquez Silva, profesora de socioloxía da Universidade de Vigo.

A obra afonda nos novos desafíos da mobilidade humana nun contexto global marcado pola dixitalización da vida social e a transformación das fronteiras. Ademais, este traballo ofrece un enfoque innovador que combina análise académica e prácticas críticas para reflexionar sobre as formas emerxentes de resistencia e xustiza vinculadas á migración.

Se queres coñecer máis información sobre esta obra, podes ver o seguinte vídeo:

Facebook
Twitter