O CISPAC colabora en Senra Viva, un laboratorio vivo para repensar a relación entre aldea, cultivo e monte

08/05/2026

O CISPAC colabora no proxecto Senra Viva – Laboratorio Vivo de Innovación Rural e Territorio, unha iniciativa que busca recuperar e actualizar a lóxica tradicional da senra como espazo intermedio entre a aldea e o monte.

O proxecto entende a senra como un sistema territorial baseado no mosaico de usos, na produción de alimento, no coidado do solo, na xestión da biomasa e na organización comunitaria. A súa proposta contemporánea procura activar espazos agrarios infrautilizados mediante modelos pequenos, replicables e medibles.

A iniciativa concrétase nun piloto demostrador no lugar de Ferreiriño, na parroquia de Reis, no Concello de Teo, sobre unha parcela agraria de arredor de 5.965 metros cadrados. O laboratorio vivo prevé combinar policultivo, formación, aprendizaxe territorial, activación económica local e avaliación de resultados nun horizonte inicial de 12 a 24 meses.

A memoria inclúe unha análise toponímica que identifica 484 rexistros vinculados á senra en Galicia, distribuídos en 143 concellos e 315 parroquias. No caso de Teo, recolle catro referencias documentadas —Luou, Cacheiras, Calo e Reis—, o que sitúa o piloto nun territorio onde esta pegada histórica segue presente.

Máis información no documento adxunto.

Facebook
Twitter