O CISPAC acolle a sesión ‘Das marxes ao centro?’ co gallo do 8M

05/03/2024

Esta semana celébrase unha nova edición do 8M, o Día Internacional da Muller Traballadora. Aproveitando a efeméride, o CISPAC organiza a sesión interactiva ‘Das marxes ao centro? A dimensión de xénero nas investigacións do CISPAC’.

O obxectivo do evento é reflexionar e debater sobre a perspectiva de xénero que teñen as investigacións do CISPAC neste momento, como introducila de xeito transversal no futuro e, ademais, dar a coñecer a axenda de xénero do centro para este ano 2024.

Será o xoves 7 de marzo ás 16h no seminario 103 do CISPAC, no Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela).

Facebook
Twitter