A terceira edición do ciclo HABITARES reunirá catro encontros arredor do papel das mulleres labregas na transición ecolóxica, os coidados ás persoas maiores e as condicións laborais das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. A actividade está organizada por Carlos Diz e Antía Pérez Caramés, integrantes do CISPAC, e desenvolverase na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e en liña.
O programa comezará o 23 de setembro, ás 17.30 horas, coa intervención de Bibiana Martínez Álvarez, da Universidade da Coruña, titulada «As mulleres labregas e o rural galego: o papel da economía moral na transición ecolóxica». A sesión terá lugar na Sala de Xuntas da Facultade de Socioloxía e poderá seguirse tamén en liña.
O 30 de setembro, ás 18.00 horas, Blanca Valdivia, da Universitat Autònoma de Barcelona, abordará as «Condicións urbanas e infraestruturas de coidados a persoas maiores». O encontro celebrarase no mesmo espazo e contará con acceso en liña.
A terceira sesión será o 14 de outubro, ás 16.00 horas, coa participación de Sara Plaza Casares, de El Salto, que presentará «As riders dos coidados. A loita das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar». Poderase asistir presencialmente na Sala de Xuntas ou seguir a intervención en liña.
O ciclo pecharase o 30 de outubro, ás 9.00 horas, coa intervención de Carlos Chirinos, de Monash University e CRIA-Lisboa, titulada «Homes maiores que coidan: Experiencias de coidado conxugal en contextos de enfermidade e discapacidade». Esta última sesión desenvolverase exclusivamente en liña.