O alumnado de Historia da Medicina do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela realizou unha visita ao laboratorio de arqueoloxía do CISPAC, nunha actividade orientada a achegar a investigación universitaria ás persoas participantes no Programa Universitario de Maiores da USC. A actividade foi conducida por Edgard Camarós Pérez, investigador do CISPAC.
Durante a visita, o grupo puido aproximarse ao traballo desenvolvido desde a arqueoloxía e a paleopatoloxía, disciplinas que permiten estudar os restos humanos do pasado para comprender aspectos relacionados coas enfermidades, os coidados, as condicións de vida e a evolución das sociedades humanas.
O IV Ciclo da USC é o seu Programa Universitario de Maiores, dirixido a persoas maiores de 50 anos interesadas en continuar a súa formación e participar en actividades académicas e culturais.

