O CISPAC organiza un novo seminario de investigación que contará coa participación de dous académicos convidados da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM): Rodolfo Omar Orellano e Guiomar Acevedo López.
Rodolfo Omar Orellano, profesor titular da Escola Nacional de Ciencias da Terra na UNAM e membro do Sistema Nacional de Investigadoras e Investigadores (SNII), presentará unha conferencia titulada Interconexiones socioambientales: la contaminación de los ríos en México y sus impactos en la salud. Rodolfo, con ampla experiencia en risco ecolóxico e ecotoxicología acuática, abordará os efectos da contaminación dos ríos en México e o seu impacto sobre a saúde, destacando as conexións entre a degradación ambiental e as consecuencias sociais.
Pola súa banda, Guiomar Acevedo López, historiadora e profesora na UNAM, especializada en memoria e desprazamento forzado no século XX, ofrecerá a charla Antes del exilio: desplazamiento forzado y refugiados durante la Guerra Civil. A súa intervención centrarase na situación dos refuxiados e desprazados durante a Guerra Civil española, un tema clave para entender as dinámicas de memoria, exilio e identidade no contexto europeo.
Esta actividade terá lugar no Seminario 103 do CISPAC, dando lugar a primeira intervención ás 11:00 e a segunda ás 12:00.