Entre o 2 e o 18 de xullo terá lugar unha nova campaña arqueolóxica no xacemento de O Corro dos Mouros, en Santa María Madalena de Adai (Lugo), baixo a dirección da profesora Pilar Prieto, investigadora do grupo EcoPast e do CISPAC.
A escavación forma parte dun proxecto de investigación que busca afondar no carácter cerimonial e funerario do lugar, tras os achados realizados en campañas anteriores, como unha gran lousa cubrindo unha posible estrutura ritual.
O mércores 17 de xullo, ás 17:00 h, realizarase unha visita guiada aberta ao público no propio xacemento.
Fotografía de portada: Xunta de Galicia