O Grupo de Estudos en Traballo Social (GETS-IT) da Universidade de Vigo organiza os vindeiros 5 e 6 de febreiro o seminario de investigación “Migracións, coidados e relacións de xénero”, que terá lugar na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense. O evento, de acceso libre, analizará as interconexións entre migracións, coidados e xénero desde unha perspectiva internacional.
O programa inclúe conferencias a cargo de expertas de Brasil, Dinamarca, Cabo Verde, México e Galicia, ademais dunha mesa redonda con cooperativas feministas galegas. Como parte das actividades complementarias, o seminario contará coa exposición fotográfica “Kuidadu na diáspora” e coa proxección do documental “Si ka badu ka ta biradu”.
Na organización e nas sesións participan tres investigadoras asociadas ao CISPAC, membros do ESOMI e do colectivo “Mulleres á Fronte”, da Facultade de Socioloxía da UDC: Antía Pérez Caramés, Keina Espiñeira e Belén Fernández Suárez. O seu traballo achegará unha análise profunda sobre a relación entre mobilidade, coidados e xénero no contexto galego e internacional.
Podes consultar o programa completo a continuación:

