O CISPAC organiza a conferencia Metodi e pratiche per promuovere apprendimenti trasformativi nei contesti sociali e organizzativi: i progetti del gruppo di ricerca Lab-e.r. dell’Università degli Studi di Firenze, impartida por Giovanna Del Gobbo, profesora de Pedagoxía Experimental na Universidade de Florencia e coordinadora científica do grupo de investigación Lab-e.r. (Laboratory of Educational Research for Social Innovation and Cooperation).
Esta sesión será unha oportunidade para coñecer as actividades científicas desenvolvidas por este grupo, centradas na promoción de aprendizaxes transformativas en contextos sociais e organizativos. Ademais, pretende fomentar o intercambio de ideas e explorar posibles colaboracións entre o CISPAC e a Universidade de Florencia en proxectos de investigación conxuntos. Durante a conferencia abordaranse cuestións clave como o valor formativo do patrimonio natural e cultural e a gobernanza participativa para o desenvolvemento humano sostible, así como accións de educación de adultos en contextos non formais e informais, con especial atención ao envellecemento e á inmigración.
Giovanna Del Gobbo conta cunha ampla experiencia en investigación e docencia sobre desenvolvemento humano sostible, sistemas educativos e procesos de gobernanza territorial, sendo unha figura destacada no campo da innovación educativa e social.
O evento terá lugar o vindeiro 26 de novembro ás 12h no seminario 103 do noso centro.