Mesa redonda: Geografías punitivas transatlánticas

29/06/2026

O CISPAC acolle o vindeiro venres 3 de xullo, ás 12.00 horas, a mesa redonda Geografías punitivas transatlánticas, unha sesión centrada na análise comparada das formas de expulsión, confinamento e control desde unha perspectiva transatlántica.

A actividade contará coa moderación de Natália Corazza, da Universidade Estadual de Campinas, e coa participación de Eduardo Domenech, do CONICET/IDACOR; Carolina S. Boe, de Brown University Paris; Francesca Esposito, da Universidade de Bologna; Angela Facundo, da Universidade Federal do Rio Grande do Norte; Pietro Ferretti, da Universidade Estadual de Campinas; e Ana Ballesteros, da UDC-CISPAC.

Esta mesa redonda forma parte do seminario académico Conceptos en movimiento: expulsiones y confinamientos desde una perspectiva comparada, organizado por Natália Corazza Padovani e Ana Ballesteros Pena entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, coa colaboración do CISPAC.

A sesión desenvolverase no Seminario 103 do CISPAC.

Facebook
Twitter