A Asociación Humanidades Digitales Hispánicas (HDH) vén de celebrar unha nova edición dos premios HDH, que galardoan anualmente propostas científicas vinculadas co panorama dixital e as humanidades. Nesta ocasión, resultou premiado o Máster Interuniversitario en Patrimonio Cultural Dixital na categoría de Mellor Iniciativa Formativa do 2023.
Esta titulación naceu como unha iniciativa de nova xeración desenvolvida dende a Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital, integrada no CISPAC. Entre os seus obxectivos está a formación de persoal experto no tratamento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións, cunha visión integral sobre o universo patrimonial histórico e cultural, así como o desenvolvemento de destrezas transversais fundamentadas en competencias xerais e multidisciplinares.
Se fas clic nas seguintes ligazóns podes coñecer máis información sobre o veredicto do xurado e sobre o mestrado.