O vindeiro luns 23 de setembro celebrarase un seminario de investigación que ten por título “Manexo comunitario dos recursos forestais: unha perspectiva histórica”. Esta actividade forma parte do marco do curso Historia ambiental, agroecoloxía e sociedades rurais do mestrado interuniversitario de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.
Violeta Gutiérrez Zamora (Universidade de Helsinki/LUKE), investigadora que está a realizar unha estadía no CISPAC, impartirá a ponencia “Racionalidades ambientales y el manejo forestal comunitario: entre esperanzas, crisis y reexistencias en México y Laos”. Seguidamente David Soto Fernández (USC/CISPAC) levará a cabo a súa intervención co título “O manexo colectivo dos recursos na Galiza no longo prazo. Da adaptación a desposesión e da desposesión a imaxinación”.
A introdución e moderación do acto correrá a cargo de Lourenzo Fernández Prieto, catedrático en Historia Contemporánea na USC e director científico do CISPAC; e Stefania Barca, investigadora Distinguida “Beatriz Galindo” sénior do departamento de Historia da USC e do CISPAC.
O acto terá lugar no Seminario 103 do CISPAC ás 11h.