O vindeiro xoves, 5 de decembro, ás 12:00 horas, o Lar do CISPAC acollerá a charla Local Empowerment Through Sustainable Land Management: The Case of Galicia’s MVMCs, impartida por Nichole Castillo, estudante visitante no centro.
Nichole Castillo é estudante do Máster en Desenvolvemento Sostible na KU Leuven (Bélxica) e graduada en Sustentabilidade e Medio Ambiente pola Florida International University, con especialización en Relacións Internacionais. A súa investigación actual céntrase no empoderamento comunitario sostible nas paisaxes rurais de Galicia, analizando as dinámicas de gobernanza dos Montes Veciñais en Man Común (MVMCs). O seu traballo examina o delicado equilibrio entre a sobrerregulación ambiental e a autonomía das comunidades fronte aos intereses municipais e privados.