O vindeiro 30 de outubro celebrarase a IV Reunión de Investigadores do CISPAC, que terá lugar na Sala de eventos do Edificio Fontán (Cidade da Cultura de Galicia). A xornada abrirase cunha mesa redonda titulada “Investigando para un futuro sen lumes”, de 9:30 a 11:30 horas, na que se abordarán distintas perspectivas sobre a prevención dos incendios forestais desde a historia, a economía, a socioloxía, a bioloxía ou a enxeñaría forestal.
Participarán doce investigadores e investigadoras do CISPAC:
- Stefania Barca (Historia – USC): O marco da Transición xusta e a prevención dos lumes
- Eduardo Corbelle Rico (Enxeñaría Agroforestal – USC): A homoxeneización da paisaxe como antesala dos incendios
- Jaime Fagúndez (Bioloxía – UDC): Plantas, vexetación e lume, moito máis que combustíbel
- Lourenzo Fernández Prieto (Historia – USC): Gobernanza paisana. Garantía de prevención
- Xoaquín Fernández Leiceaga (Economía – USC): Algunhas ensinanzas da vaga de 2017
- Horacio García (Xeografía – USC): Bosques, xente e futuro: construír un país sen lumes
- Noortje Keurhorst (Economía – UVigo): Lumes e montes de veciños
- Edelmiro López Iglesias (Economía – USC): Algunhas causas estruturais dos incendios
- Elvira Santiago e Carmen Rodríguez (Socioloxía – UDC): Lume. Análise social dos incendios forestais
- Xavier Simón (Economía – UVigo): Transición enerxética para a resiliencia local e rural
- David Soto (Historia – USC): Incendios forestais e industrialización da agricultura en Galicia
O acceso é libre ata completar aforo.