Investigadoras do CISPAC participarán nunha xornada do Consello da Cultura Galega sobre as “rodas” do Bronce Final en Galicia

01/07/2024

O próximo xoves 4 de xullo o Consello da Cultura Galega acolle a xornada ‘As rodas do Bronce Final en Galicia: entre os mortos e para os vivos’. Esta terá lugar na sede da institución, no 2º andar do Paxo de Raxoi (Praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela) ao longo de todo o día, de 9 a 20h.

Dentro do programa atópanse dúas investigadoras do CISPAC. Por unha banda, Pilar Prieto Martínez (membro ademais do grupo EcoPast e da USC) presentará tres comunicacións: a primeira, ás 10h, xunto a Santiago Nogueira Ríos, baixo o título “A escavación na roda de Lavandeiras (Xove)”; a segunda, ás 12:10h, xunto a Luis Cordeiro Maañón e Francisco Alonso Toucido, titulada “O Corro dos Mouros (Adai, Lugo), unha roda con alma de seixo”; e por último, ás 12:30h, tamén con Luis Coordeiro Maañón, falará sobre “Unha aproximación ás rodas desde unha perspectiva territorial”.

Por outra banda, Mª Guadalupe Castro González (tamén integrante ademais do grupo EcoPast e da USC) presentará ás 12:50h, xunto con Pablo López Fernández, “Reconstruíndo a paisaxe prehistórica luguesa a través da teledetección. Un exemplo comparativo entre rodas e túmulos”.

Facebook
Twitter