Inicio á revisión sistemática de literatura científica en ciencias sociais: métodos, procesos e resultados agardados

02/09/2024

O CISPAC organiza o vindeiro martes 10 de setembro ás 16.30h un novo seminario de formación. A actividade leva por título “Inicio á revisión sistemática de literatura científica en ciencias sociais: métodos, procesos e resultados agardados”, e ten por obxectivo aproximar estas cuestións a novos investigadores e investigadoras.

A sesión será impartida por Claudia D. Escurza, investigadora da Universidade de Vigo. Trátase dunha actividade en liña que require inscrición previa no seguinte formulario.

Facebook
Twitter