Inauguración da exposición “Unha vida viquinga” comisariada pola investigadora do CISPAC Irene García Losquiño

11/07/2024

Entre o 12 de xullo de 2024 e o 5 de xaneiro de 2025 poderá visitarse no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela) a exposición “Unha vida viquinga”. Está formada por máis de 120 pezas procedentes de Suecia, Dinamarca, Francia, España, Galicia e a colección privada Shane McLeod.

A mostra pretende amosar o contacto desta civilización na diáspora, tamén en Galicia, onde a presenza viquinga se deixou notar nas costas galegas. Existen pegadas deste proceso na Ría de Arousa, a ribeira do Ulla ou a Mariña lucense.

A comisaria é Irene García Losquiño (Elche, 1984), doutora en Estudos Escandinavos, máster en Estudos Medievais (Universidade de Aberdeen), especialista na Idade Viquinga e investigadora do CISPAC.

Facebook
Twitter