III Coloquio Internacional de Estudos Literarios en Vigo

06/10/2025

Os días 9 e 10 de outubro, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acollerá o III Coloquio Internacional de Estudos Literarios, organizado polo Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios (UVigo-UDC), o grupo BiFeGa e a I Cátedra Internacional José Saramago e no que colabora o CISPAC.

O encontro, coordinado por Burghard Baltrusch (profesor da UVigo e membro do CISPAC), reunirá novas investigadoras e investigadores de Galicia, Portugal e Brasil, creando un espazo de diálogo arredor dos estudos literarios e culturais. Entre as conferencias destacadas, participarán:

  • Helena González (UB)O que as emocións producen. Achegas feministas e queer (xoves 13:00, FFT)
  • Joana Videira Álvarez (UNL)Adília Lopes, cartografia do escándalo (xoves 19:00, Camões Vigo)

Máis información e programa completo na web do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios da Universidade da Coruña e Universidade de Vigo.

Facebook
Twitter