II Xornadas interdisciplinares Náyade: ‘A memoria da auga. Patrimonio e obras públicas na España do s. XX’

17/04/2023

Os días 19 e 20 de abril de 2023, o CISPAC acolle o curso ‘A memoria da auga. Patrimonio e obras públicas na España do século XX’.

Trátase dun curso organizado baixo un proxecto de investigación nacional que dirixe, coma IP, a Profesora Begoña Fernández Rodríguez. O proxecto conta co aval das universidades de Santiago de Compostela, Oviedo e Extremadura, a través dos grupos de investigación Iacobus, Es-Art e i-Pat, respectivamente. Ademais conta coa colaboración de FEMEMBALSES, a Federación Nacional de Asociaciones y Municipios con Centrales Hidroeléctricas y Embalses, coa que a ten asinado un convenio marco de colaboración. 

O curso xira entorno ó impacto patrimonial que teñen tido as obras públicas na península, prestando especial atención as presas e encoros. Entre os casos que se tratarán están o Vega de Tera, Riaño, As Conchas, Belesar, Valdecañas, Gabriel y Galan, Tanes, entro outros. 

Ademáis das universidades organizadoras, participan conferenciantes da Universidad de León, da Universidad de Alcalá de Henares, a Universidad de Valladolid, a Universidad Complutense de Madrid e da Universidad de Zaaragoza. 

A inscrición é gratuita ata o 18 de abril en aguapatrimonioymemoria@gmail.com

Facebook
Twitter