Continúa o ciclo de Seminar Days / Días de parolada no CISPAC, no que os investigadores e investigadoras do Centro dan a coñecer as súas investigacións en curso, facilitando o coñecemento mútuo do traballo desenvolvido, co obxectivo de favorecer a confluencia de ideas, o pensamento transversal e as potenciais interacción futuras.
O xoves 17 de setembro celébrase o II Seminar Day do CISPAC, no que se presentarán as liñas de traballo do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) da Universidade da Coruña; o proxecto “Novos modelos de hortas en Lugo e a súa contorna: saberes agroecolóxicos, seguridade alimentaria e resiliencia local”; a Estratexia Alimentaria Participativa do Eo – Eo Alimenta, e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Máis información sobre estes proxectos en
GICAP: https://investigacion.udc.es/es/Research/Details/G000376
Eo Alimenta: https://eoalimenta.org/es/
Laboratorio Ecosocial do Barbanza: https://barbanzaecosocial.org/
O evento celebrarase no Seminario 103 do Edificio Fontán, Cidade da Cultura.
A asistencia é libre e gratuíta, previa confirmación de asistencia no seguinte enderezo electrónico:
Programa completo no documento embaixo.