Historia e innovación para a agroecoloxía 2024. Simposio internacional

12/09/2024

O vindeiro venres 27 de setembro o CISPAC albergará o simposio internacional Historia e innovación para a agroecoloxía 2024. Esta xornada é organizada polo grupo de investigación HISTAGRA, e ten por obxectivo a reflexión sobre aspectos como a innovación e a transición agroecolóxica dende o coñecemento histórico.

O seminario terá lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, e contará coa participación de diferentes investigadores e investigadoras do noso centro. A continuación detállase o programa completo:

09:00-09:30 Benvida e presentación 

Lourenzo Fernández-Prieto, Universidade de Santiago de Compostela e Director Científico do CISPAC

09:30-11:00 – Panel 1 

Gloria I. Guzmán-Casado, Universidade Pablo de Olavide 

Mark Riley, Universidade de Liverpool 

Comenta: David Soto-Fernández, Universidade de Santiago de Compostela-CISPAC

11:30-13:00 – Panel 2 

Rob Burton, Ruralis – Institute for Rural and Regional Research, Noruega

Enric Tello Aragay. Universidade de Barcelona 

Comenta: Stefania Barca, Universidade de Santiago de Compostela-CISPAC 

13:00-13:30 – Conclusións e peche 

Bruno Esperante e Roque Sanfiz Arias, Universidade de Santiago de Compostela-CISPAC

Para asistir é preciso anotarse previamente mediante un correo electrónico a histagra@usc.es

Facebook
Twitter