Habitares II: diálogos sobre coidados, envellecemento e comunidade

30/09/2025

Ao longo do mes de outubro celébrase a segunda edición do ciclo Habitares, unha iniciativa organizada pola Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, o grupo ESOMI, o Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria e o CISPAC. As sesións, en formato presencial e en liña, abordan cuestións clave arredor dos espazos urbanos, o envellecemento, a vida comunitaria e as infraestruturas cotiás.

O programa comeza o 8 de outubro coa intervención de Blanca Callén (Universitat Autònoma de Barcelona), que falará sobre a fraxilidade material e a reparación das infraestruturas. O día 15 será a quenda de Brais Estévez (CCHS-CSIC), cun relatorio sobre como vivir nas cidades patrimonializadas desde unha ética do desexo.

O ciclo continúa o 22 de outubro coa conferencia de Guadalupe Jiménez-Esquinas (USC), centrada na amizade política entre mulleres maiores en barrios periféricos. Pechará o programa, o 29 de outubro, o equipo do proxecto CIUDEN (CareNet, UOC), que reflexionará sobre como reensamblar os futuros urbanos das persoas en idade avanzada.

Podes o programa completo e acceder aos seminarios a continuación:
08/10 | Blanca Callén (UAB): “Reparando metodoloxías: fraxilidade, infraestruturas e envellecemento rural” – Clic para acceder en liña

15/10 | Brais Estévez (CCHS-CSIC): “Como vivir xuntos na cidade patrimonializada? Sobre a ética do deseño como antídoto imperativo de goce” – Clic para acceder en liña

22/10 | Guadalupe Giménez(USC): “Veciñas: amizade política entre mulleres maiores en barrios periféricos” – Clic para acceder en liña

29/10 | Equipo do proxecto CIUDEN: Tomás Criado, Daniel López, Carmen Lozano e Alexandre Molina (CareNet, UOC): “Cidades que envellecen: reensamblar os futuros urbanos das persoas maiores” – Clic para acceder en liña

Facebook
Twitter