O vindeiro martes 1 de outubro terá lugar a II Xornada de visibilización “Girlhood Rising: representacións das nenas e mozas nas narrativas audiovisuais contemporáneas”, coordinado por Aida Rosende Fernández (CISPAC). O lugar de acollida do evento será o Salón de Graos (B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
A continuación deixamos o programa completo da actividade:
9.45 h Benvida e inauguración
10.00-11.00 h Conferencia plenaria Perder el tiempo: Los ritmos afectivos de la infancia en el cine – Dra. Katarzyna Paszkiewicz (Universitat de les Illes Balears)
11.00-11.30 h Café
11.30-13.00 h Mesa Redonda: Girlhood Rising: representacións das nenas e mozas nas narrativas audiovisuais contemporáneas
- A representación da mocidade surasática na televisión norteamericana: Devi na serie Never Have I Ever (2020) – Dr. Rubén Jarazo Álvarez (Universidade de Santiago de Compostela)
- Rompendo estereotipos e creando comunidade en We are Lady Parts (2021) – Dna. Sara Tabuyo Santaclara (Universidade de Vigo)
- Representacións de lesbianas adolescentes no cine irlandés: Unha análise de Dating Amber (2020) – Dra. Iria Seijas Pérez (Universidade de Vigo)
- Coidados e estructuras familiares en Rain (2008): unha visión alternativa sobre a infancia das nenas no Caribe – Dra. Maria Grau Perejoan (Universitat de Barcelona)13.00-13.30 h Debate aberto de relatoras e asistentes e rolda de preguntas. Moderan: Dra. Aida Rosende Pérez e Dra. María Platas Alonso i(Universidade de Vigo)
13.00-13.30 h Debate aberto de relatoras e asistentes e rolda de preguntas. Moderan: Dra. Aida Rosende Pérez e Dra. María Platas Alonso (Universidade de Vigo).
Entrada de balde, non é necesaria inscrición. Aberta a toda a comunidade universitaria e público interesado en xeral.