Fernando de la Torre Cuevas, Premio Extraordinario de Doutoramento da USC

25/03/2026

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) publicou a resolución dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso 2023-2024, unha convocatoria que distingue as mellores teses defendidas na institución durante o último ano académico.

Entre as persoas galardoadas nesta edición figura Fernando de la Torre Cuevas, investigador vinculado ao CISPAC, cuxa tese foi dirixida por Edelmiro López Iglesias. O premio recoñece a excelencia do seu traballo investigador, situándoo entre os máis destacados da USC no ámbito do doutoramento, que levou por título “Expanding hybrid approaches to construct (inter)regional input-output models”.

Os Premios Extraordinarios de Doutoramento constitúen unha das principais distincións académicas da USC e teñen como obxectivo poñer en valor a calidade das investigacións desenvolvidas e a capacidade do seu persoal investigador novo. Dende o centro queremos parabenizar a Fernando polo seu labor investigador e por este recoñecemento.

Facebook
Twitter