
Mañá xoves 5 de outubro ás 13.30h terá lugar no Ecoespazo do CISPAC a presentación da Exposición de Fotos “Visions of migration. Local development in European contexts. With Asmaa Al Moustapha“, que forma parte do Photobook “Visualising welcoming spaces across Europe through our digital photo book“.
A exposición poderá visitarse até o día 22 de outubro.
Por outra banda, o próximo venres 6 de outubro terá lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega o “Welcoming Spaces Forum”. O evento forma parte das actividades do proxecto financiado polo programa H2020, WELCOMING SPACES, cuxo obxectivo é afrontar o reto da inserción da poboación inmigrante en contornas desvitalizadas. Esta investigación está liderada polo grupo ESOMI da UDC de membros que pertencen ao CISPAC. O evento é aberto ao público en xeral.