Enerxías alternativas e socioecosistemas: paisaxes presentes e futuras

02/11/2023

As paisaxes con persoas e que producen produtos e servizos, o patrimonio que as conforman e as estruturas que as gobernas definen unha globalidade complexa que require análises transdisciplinares e olladas onde as persoas e as súas comunidades xoguen un papel central.

En que situación se encontra a sociedade humana na actualidade no refereido á relación entre os ecosistemas e os sistemas socioeconómicos? Que enerxías, que materiais, a que escala, cal impacto? Cales son os mecanismos e procesos dispoñibles para afrontar os diferentes escenarios?

Para enfrontar todas estas cuestións, o CISPAC organiza o vindeiro 17 de novembro as xornadas ‘Enerxías alternativas e socioecosistemas: paisaxes presentes e futuras’ no Edificio Fontán da Cidade da Cultura.

As xornadas estarán divididas nunha serie de ponencias pola mañá e unha mesa redonda pola tarde sobre os modelos enexérticos para unha transición xusta. Inscríbete cubrindo o seguinte formulario e consulta ou descarga o programa a continuación.

Formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfAYmtmZICk4RJb3wn6lN5H0rupV3LzvPGLFb4jJRT3-ULiYg/viewform?usp=send_form

Programa

9:30 | Benvida aos asistentes

9:45 | Caos climático e declive enerxético: factores e configuradores da futura paisaxe galega – Manuel Casal Lodeiro, coordinador do Instituto de Resiliencia e da Revista 15/15/15.

10:45 | Xeografías enerxéticas. Oportunidade ou expolio territorial – Teresa Táboas Veleiro, doutora arquitecta e vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos

11:45 | Pausa café

12:00 | Ecofeminismos para un horizonte de justicia eco-social – Giulia Costanzo Talarico, investigadora do Grupo EcoEcoFem e do Observatorio Gep&Do (Universidad Pablo de Olavide)

13:00 | Vivir coas ruínas do capitalismo: as condicións infraestruturais do decrecemento – Mario Pansera, Oportunius Research Professor (UVigo)

14:00 | Comida e networking

15:30 | Mesa redonda. Modelos enerxéticos para unha transición xusta. Coa participación de Aranza González (Plataforma Aire Limpo As Mariñas-Mandeo), Torcuato Teixeira (Plataforma en defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños), Mauro Vázquez (Belian Energy). Dinamizadores: Eduardo Corbelle (G.I. Te-Bio, USC e CISPAC) e Xavier Simón (Observatorio Eólico de Galicia, UVigo e CISPAC).

Facebook
Twitter